luns, 16 de setembro de 2019

Benvidos e benvidas ao novo curso!

Inauguramos esta nosa bitácora da biblio cunha boa noticia que nos deron durante o verán: despois de moito traballo, fóisenos concedido dende o MEC o distintivo de calidade "Sello de Vida Saludable", nesta edición fomos o único IES de Galicia galardoado, grazas ao noso programa Mens Sana in Corpore Sano, que como sabedes podedes seguir no seu blog correspondente..

Por iso, na biblio e en moitos departamentos, estamos xa incluíndo nas programacións actuacións e proxectos relativos á actividade física, alimentación saudable, prevención de hábitos nocivos, consumo responsable e un longo etc.

Pois o dito, feliz curso! Seguiremos informando!


Ningún comentario:

Publicar un comentario