luns, 27 de maio de 2019

E mañá... Xuntanza dos clubs de lectura en Allariz!!!!

Aproveitando o aniversario da rodaxe de "A lingua das bolboretas", os clubs de lectura do IES Aquis Querquernis de Bande, o IES Ferro Couselo,  Universidade Laboral e IES Blanco Amor de Ourense, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, o IES Cidade de Antioquía de Xinzo, o CEIP Padre Feijoo e IES Allariz de Allariz, e o CEIP Padre Crespo de Xunqueira reúnense en Allariz para realizar o roteiro da Lingua das Bolboretas e un encontro con Manuel Rivas.

Mañá ou pasado contarémosvos que tal nos foi o día, e a continuación partillámosvos estes materiais tan bonitos que temos preparados para aportar á xuntanza. Que faremos con eles? É sorpresa, xa volo contaremos tamén. Estamos seguros de que o imos pasar estupendamente!






Ningún comentario:

Publicar un comentario