Cómprame
a Igualdade é o brazo activista da campaña Voces de Muller, no que
reflexionamos sobre a relación entre o consumo e o xénero. Partillaremos os
nosos materiais nesta bitácora que hoxe vos presentamos pero que xa levamos un
tempiño enchendo de contido... E o que falta!!! Cómprame a Igualdade é o froito
da nosa participación nos Plans Proxecta da Xunta de Galicia, na modalidade
Galicons-net.
Voces de Muller quere así aportar unha dose de realidade e de pensamento
crítico ao alumnado pero tamén a toda a comunidade educativa e a todo o que se
queira achegar á nosa bitácora e ver os nosos materiais cos que traballamos e
os nosos produtos. Agardamos que sexa do voso agrado! Visítanos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario