Xa non é a primeira vez que vos recomendamos esta bitácora de Rosa María Cid Galante, Historia das nosas mulleres ourensás.
Nas súas palabras, " Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles"
Curiosidades, artigos periodísticos, referencias bibliográficas, imaxes con historia... e moitas, moitas mini biografías para coñecer un pouco máis a realidade esquecida de moitas mulleres ourensás relevantes pola súa traxectoria vital. Todo elo da man de Rosa María Cid Galante, cuxa tese doutoral versou sobre este tema, en concreto o seu título é "Muller e educación en Ourense (1900-1930)". Ela mesma dedícase á docencia en educación secundaria e é unha gran investigadora e escritora.
Moi, moi interesante. A que esperades? Coñecer a realidade é o primeiro paso para mellorala!
Ningún comentario:
Publicar un comentario