mércores, 28 de febreiro de 2018

Titorías de cine!


Témosvos preparada na biblioteca unha caixa moi interesante: nela atoparedes un lote de pelis do máis variado, de xéneros diversos e formatos diferentes, dende animación ata drama, dende clásicos ata últimas estreas, por se nalgún momento titores ou profesores de garda deciden dedicar unhas sesións ao sétimo arte.

Están rigorosamente seleccionadas, pois xa sabedes que aquí só temos cousa boa, así que preparadas vos quedan para próximas sesións cinematográficas.

Consultade o taboleiro se a queredes traer pensada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario