martes, 16 de febreiro de 2016

O Club de Lectura vai ao teatro!!!

O noso club avanzado de lectura, o Exército de Dumbledore , desplazarase a Ourense para ver a obra de teatro Variedades, que porán sobre as táboas do Teatro Principal os grupos de teatro dos IES de A Estrada e Melide e o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei. O mellor do asunto é que o prezo simbólico da entrada vai para a ONG Meniños, así que encantadísimos de colaborar e de disfrutar da maxia da escea en directo.

Segundo palabras da organización, "... se abordan temas de actualidad que preocupan, interesan y atraen a la juventud y adultos/-as. Aparecen, así, a lo largo del espectáculo reflexiones sobre la violencia de género, el cambio climático, las consecuencias negativas de la agresividad, las posibilidades y peligros de las nuevas tecnologías, la problemática del mercado laboral, la realidad de las personas más desfavorecidas, la discriminación por motivos de raza, género o creencias...

Se trata de una obra compuesta por varias escenas independientes elaboradas en horario extraescolar por alumnado de edades comprendidas entre los 10 y los 21 años con una finalidad de educar, madurar e integrar todas las realidades sociales."

Foi o EDLG do IES o que moi amablemente tivo a ben invitar ao noso insigne Club e xestionou a nosa asistencia á actividade. Moitas grazas!!! Xa vos contaremos a experiencia en próximos posts.

Para máis información, podedes entrar na páxina do Teatro Principal, no blog do grupo Avelaíñas Teatro do IES Antón Losada Diéguez de A Estrada, o de Teiroa Teatro do IES de Melide e no do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei.


Imaxe procedente de http://www.teatroprincipalourense.com/

1 comentario: