luns, 15 de febreiro de 2016

A Biblio, colaborando co Proxecto Road to CERN.

E velaquí un interesantísimo proxecto que se está a desenvolver no IES: o Proxecto Road to CERN. Dependente dos Contratos Programa e impulsado polo Departamento de Tecnoloxía, este proxecto interdisciplinar para a excelencia académica levará a alumnado de bacharelato a Xenebra a visitar o CERN  , previa preparación, claro está: recibiremos clases extras de inglés e francés, asistiremos a conferencias especializadas (a primeira terá lugar o día 23 deste mes e nela escoitaremos a Carlos Pajares, unha eminencia na materia) e mesmo a unha masterclass en Física de Partículas!!!

A Biblio está, por suposto, apoiando este proxecto e participando nel: aportaremos recursos específicos recomendados polos departamentos correspondentes para que o alumnado amplíe información e teña toda a axuda posible neste Camiño ao CERN. Atoparedes información de todo o proceso, artigos, vídeos e noticias variadas no blog do proxecto.

Boa viaxe!!!! Seguiremos informando!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario