Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta 8M. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta 8M. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

venres, 18 de marzo de 2022

Visibilizando o 8M en Celanova

 Velaquí o vídeo-resumo do que ocorreu o día 10 de marzo nos actos do 8M organizados polo Concello nos que participamos todos os centros educativos da vila.

Os contos de Vero Rilo fixéronnos rir e pensar, o recital poético do alumnado emocionounos -e deunos que pensar tamén- e o manifesto nos animou a traballar pola igualdade. Non vale parar!


martes, 7 de marzo de 2023

Obradoiro de cartaces con Baldomero Moreiras

As profes da biblio estamos inmersas nun plan de formación permanente do profesorado que nos dota de recursos varios na nosa labor docente e como bibliotecarias. Desta vez temos a sorte de estar recibindo formación artística, conceptual e visual nun obradoiro de cartaces con Baldomero Moreiras. 
O seren quen de trasladar ideas ao plano visual, dun xeito sintético e esquemático, e como abordar sistematicamente este traballo pode darnos ferramentas moi importantes, non só para a elaboración de cartaces en si como para aplicar estas aprendizaxes á nosa práctica docente.

Nunha primeira sesión, o día 28, revisamos o proceso creativo, partillando conceptos e tomando referentes. Na próxima poñerémonos mans á obra elaborando cartaces para o 8M, que como sabedes, pode ser calquera día do ano e así debe ser visibilizado. Preparadas cartolinas, pegamento e tesoiras, o propio 8M teremos a segunda sesión. Deixámosvos unhas fotos, cortesía de Carlos Alonso.










luns, 18 de marzo de 2024

Os nosos actos do 8M

 Por mor dunha alerta meteorolóxica, os actos de visibilización do 8M non puideron ir adiante na súa data: tivémolos que adiar para o pasado día 15.

Reunido todo o centro no pavillón polideportivo, e tras unhas palabras moi emotivas da profesora do departamento de Lingua e Literatura Teresa Devesa Graña, o baile e a actividade física foron os protagonistas da xornada. Como dixo Teresa, facendo súas e reinterpretando as palabras de Martin Luther King, o noso soño sería que non houbera necesidade dun 8 de marzo. Ogallá.

Deixámosvos testemuño audiovisual das actividades.










venres, 10 de marzo de 2017

O noso 8M: Saímos á rúa!!!

Con todos vós, a reportaxe fotográfica dos actos do 8 M nos que participamos para visibilizar este Día da Muller, organizados pola Mancomunidade Terras de Celanova.

venres, 8 de marzo de 2024

8M : Seguimos camiñando

 Botamos man do noso cartaz do curso pasado, elaborado por nós, porque é atemporal. É un cartaz da memoria, do non esquecer para mellorar. 



Durante os vindeiros días contarémosvos como o estamos a visibilizar no IES: hoxe suspéndense as clases por mor das condicións meteorolóxicas e por tanto o encontro con outras entidades educativas da vila non poderá levarse a cabo. Faremos os nosos actos en breve.

Feliz e consciente 8 de Marzo.


Aquí, as entradas desta bitácora sobre o Día da Muller.

mércores, 7 de marzo de 2018

8M... Cambiando o mundo!



E xa está preparada a nosa exposición adicada á MULLER.

Unha reunión de biografías para coñecer a grandes personaxes que mudaron a historia: Científicas, artistas, humanistas, raíñas, sufraxistas, emperatrices, actrices, santas, doutoras, cantantes... adicado a todas elas, adicado a todos vós.

Vinde a escoller a vosa lectura! Coñecer a realidade é o primeiro paso para cambiar o mundo!











xoves, 31 de marzo de 2022

Exposición: Visibilizando á muller

 Así de chulo quedou un dos nosos corredores coa exposición que recompila os traballos do alumnado arredor do 8M.

Mulleres históricas e actuais comparten cartaz co manifesto redactado polo alumnado que puidemos escoitar nos actos organizados polo Concello para todos os centros educativos da vila.










mércores, 21 de marzo de 2018

E nestas vacacións...

Xa non nos queda nada! Xa están aquí as vacacións e querémosvos propoñer algunhas recomendacións: pasade por aquí que aínda tendes dous días para levar o que queirades. Xa sabedes que temos para todos os gustos.

Alá van as suxestións:

Para empezar: o noso expositor da campaña Guerra e Paz agarda por ti.

Achégate á nosa selección de cine bélico...




Amplía coñecementos sobre as grandes contendas da historia...


Ou ben prefires decantarte pola fantasía...? hai novidades! (No expositor de novidades).


Un pouco de música?


Ou mesmo practicar idiomas... (No expositor de novidades)


Cecáis prefires unha de mulleres... (No expositor  8M)


Ou apaixóache a ciencia... (No expositor de novidades)


Que tal se che da a banda deseñada?




Pois o dito: todo isto e moito máis na túa biblioteca do Poleiro!


mércores, 8 de marzo de 2023

Simplemente, unha muller.

Unha biblioteca é un espazo cheo de libros, películas, cómics... que se moven; que se moven coma os ratos de Celso Emilio: "Un rato é unha cousa que se move"; nas bibliotecas tamén hai "ratos"; eses "ratos"particulares son as persoas, persoas coma Belén Sánchez, que creou, moveu, liscou, traballou, viviu, amou e fixo que a nosa biblioteca sexa hoxe o que é; por iso será a nosa sala de lectura "Belém Sánchez" no momento do seu xubileo.                                                            


Falaba con palabras
que semellaban pombas.
As cousas á súa beira
púñanse brancas.
Nascíalle nos ollos un abrente
coma un río de luz,
ou coma un mar lonxano de gueivotas.







Celanova, 8M de 2023

mércores, 8 de marzo de 2017

8M

Sobran as palabras e faltan feitos, actitudes e boa disposición. Queda moito por facer.

Imaxes da web da artista galega Teresa Candal, do seu proxecto "Hijas de Lilith".





E para rematar, un pouco de humor e unha recomendación. O humor a cargo do noso Davila...

Imaxe: http://pontevedraviva.com/xeral/18264/corresponsabilidade-fogar-centrara-actos-8-marzo-marin/

E a recomendación, moi na liña da nosa actual campaña exótica: A ollada xenial de Marjane Satrapi contando en primeira persoa as súas vivencias nunha sociedade hostil: Persépolis.
Tendes a novela gráfica na biblio, e a peli tamén... E en youtube!

O tráiler:


E a peli completa:


No IES tamén fixemos a nosa particular conmemoración do día de hoxe, en colaboración coa mancomunidade Terras de Celanova. Xa vos contaremos.

martes, 8 de marzo de 2022

8 de Marzo: Día Internacional da Muller

 O 8 de Marzo conmemoramos a loita da metade da humanidade por facerse co seu espazo correspondente, en igualdade coa outra parte, buscando un desenvolvemento íntegro como persoa e visibilizando os seus logros. Aquí as orixes da conmemoración.

O IES realizará as actividades máis visibles o vindeiro día 10, nos que participará nun acto organizado polo concello no Auditorio Municipal Ilduara,  "Elas" (narración oral, de Vero Rilo), do que xa vos informaremos e aportaremos material gráfico, pois ademáis o alumnado de literatura universal realizará un recital reivindicativo.







Dende os diversos departamentos estanse a facer actividades varias que iremos referindo, e de momento, por se pode ser de utilidade, deixamos aquí unha escolma de material, propio e alleo:

A nosa campaña VOCES DE MULLER.

Outros 8M nesta bitácora.

TODAS as entradas nas que aparece a palabra MULLER (Máis de 100).

Materiais didácticos do STEG

O noso blog Cómprame a Igualdade

O Fío de Ariadna, que nos valeu o Sello de Cooperación Bibliotecaria.

Que todos os días sexan o Día da Muller ata que por fin poidamos deixar de sinalalo.