O pasado día 17 tivemos un encontro moi especial. Uxía Nieves, querida exalumna que tamén fixo as súas prácticas de profesorado con nós no Departamento de Historia, falounos con moito coñecemento e de primeira man sobre a represión ás mulleres.
Foi un encontro distendido no que o alumnado se atreveu a preguntar, a comentar e en definitiva, a participar nunha charla amena na que ampliamos coñecementos. Moitas grazas, Uxía! Esta é a túa casa!
(Xa sabedes que nos gusta fachendear de exalumnado...)
Con gran xenerosidade, Uxía deixounos o material que preparou para o relatorio, ao que podedes acceder premendo na imaxe.
Preme na imaxe e accede ao álbum completo!


Ningún comentario:
Publicar un comentario