mércores, 18 de marzo de 2026

Celanova de memoria

 Recuperamos outra idea que estaba en proceso e que os amigos da librería nos animaron a continuar. Coa intención de mostralo na Feira Educativa á que estamos convidadas para os días 25 e 26 deste mes, presentámosvos o noso xogo de cartas de memoria no que afondaremos outro pouquiño no coñecemento do noso patrimonio. Co clásico sistema de xogo de ir volteando cartas e atopando parellas pasaremos un ratiño agradable, pero... Coidado!!! Algunhas parellas poden penalizar o resultado final!

Xa podes vir á biblio e botar unha partida!


Deixámolas aquí por se as queredes descargar e imprimir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario