martes, 30 de decembro de 2025

Adeus a Luis Ferreiro

 Luis Ferreiro, fillo do noso Celso Emilio, morreu fai uns días, o 24 de decembro. Dende o Poleiro sumámonos á tristeza pola súa perda: estivo aquí con nós, axudounos en moitas ocasións e non só coa súa presencia, e á fronte da Fundación Celso Emilio Ferreiro difundiu e defendeu a obra do seu pai.

A prensa recolleu algunha das actividades do IES ás que Luis acudía, como esta homenaxe á súa familia en 2008, ou no centenario de Celso Emilio, este encontro de escritores.


Grazas a el contamos con algunhas edicións facsimilares senlleiras que coidamos con agarimo nos nosos andeis.


Nesta imaxe podémolo ver acompañado dos escritores Baldo Ramos, Domínguez Alberte, Xosé Manuel Cid... Que a terra che sexa leve!







Ningún comentario:

Publicar un comentario