O pasado xoves 23 o alumnado de 3ºESO viaxou a Compostela para escoitar no Auditorio de Galicia un concerto da Real Filharmonía.
O concepto, denominado Playlist, foi deseñado por El Barroquista, Miguel Ángel Cagigal, coñecido divulgador cultural, moi activo en redes con contidos de excelente calidade (moooi recomendado!)
A súa escolla de música sinfónica de diferentes épocas e xéneros foi axeitadísima (a pesar de que, por causas alleas a nós, perdémonos o principio do concerto). O caso é que saímos encantadas e con ganas de volver. As redes da Filharmonía recolleron o evento, e entrevistáronnos á saída, polo Instagram nos veredes.
Pero o máis curioso é que onte, luns, a Radio Galega púxose en contacto con nós para falar en directo acerca das nosas opinións sobre o concerto, e sen pensalo dúas veces, lanzámonos a intervir... sen rede!!!
Profe e alumnas estivemos no aire arredor das 12 da mañá, nunha conversa ben interesante. Aquí vos deixamos o podcast.
Ningún comentario:
Publicar un comentario