venres, 23 de maio de 2025

Onte, na biblio... a presentación oficial da nova guía do Castro de Castromao

 Así de ben acompañadas estivemos na biblioteca a tarde de onte. Francisco Fariña e Luis Orero presentaron, logo dunha visita ao Castro, a completa edición que recolle achados antigos e recentes de Castromao. Agradecemos a oportunidade a César Llana, director do Museo Arqueolóxico de Ourense, que sempre nos ten en conta e nos axuda na nosa andaina museística, e por suposto aos autores da publicación.

Aquí quedan unhas imaxes. Por suposto, xa podedes atopar o libro nos nosos andeisE aquí podedes ver a convocatoria da actividade, que publicamos fai uns días.













Ningún comentario:

Publicar un comentario