Que boas novas! Picade na imaxe para ver o artigo completo que Laura Fernández escribiu contando o proxecto tan bonito que se está a levar a cabo no IES, no que Celanova e un dos municipios afectadas pola DANA, Picanya, únense mediante cartas escritas polo alumnado cheas de ánimo e bos desexos.
Yolanda e Paula, do departamento de Lingua Castelá en colaboración con Lola, Iván e Clara, do departamento de Orientación, emprenderon este proxecto que fomenta a empatía e a solidariedade, e no que ademais traballaron a carta como medio de comunicación... Algúns estudantes escribiron unha carta por primeira vez! E non descartan repetir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario