O alumnado de Debuxo Técnico xa rematou o traballo de trazado dos arcos do mosteiro.
Iniciárono inspirados pola obra de substitución de todas as fiestras do IES, iniciada durante o verán e que aínda non remata. E é que non está sendo tan doado para os responsables da mesma o trazar a medida as diferentes solucións arquitectónicas que ofrece o noso formidable edificio! Nesta entrada explicabámolo fai uns días. Por sorte está quedando todo moi ben!
Deixámosvos o traballo final do alumnado, onde veredes os diferentes tipos de arco que se amosaban no documento informativo sobre o que traballaron.
Premede na imaxe para acceder á presentación completa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario