xoves, 6 de xuño de 2024

Presentación do libro "O Castro de Trelle"

 Achegámosvos unha inicitativa ben bonita que demostra como a veciñanza pode coidar e poñer en valor o seu patrimonio granciño a granciño, e tomar a iniciativa adiantando a outras institucións en teoría con máis poder transformador.

A Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén e a Asociación Cultural Porta da Cadea de Sobrado do Bispo preséntannos o seu libro "O Castro de Trelle: historia, tradición e futuro", autoría de David Sabucedo Cardero, Pablo Sabucedo Santos e Benito Vilas Estévez.

A publicación está dentro dun proxecto de posta en valor do Castro, para que poida escavarse e documentarse como merece, e xa foi presentado en diversas localizacións. 

Celanova aparece nomeadamente en varias ocasións nas que os autores remiten á documentación histórica na sustentan as súas achegas. 

David Sabucedo Cardero e Pablo Sabucedo Santos virán a falarnos sobre o seu activismo en defensa do patrimonio nunha actividade lectiva para 1º e 3º ESO. 

Xa podedes botarlle un ollo na biblio ao libro, pois xa nos fixemos cun exemplar.





Xa no noso estante de novidades!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario