Pois si, encántanos que volvan á súa casa e presentando propostas tan interesantes. Porque a biblio é o Fogar das Musas onde todos os eidos do coñecemento teñen cabida.
Como vos anunciamos, o venres 3 tivemos por fin a presentación na biblio da revista universitaria Máis Mates, posta en marcha na USC durante este curso por un par de exalumnos nosos que mobilizaron a un grupo de colaboradores, incluíndo profesorado das súas facultades.
Varios dos autores dos artigos, incluíndo os nosos exalumnos Francisco E. Lengua e Santiago González, contáronnos o proceso de elaboración da revista e faláronnos de historia das matemáticas, de actualidade, de achados recentes e da súa vida universitaria.
É interesante o feito de que tamén as letras estean presentes en grados de ciencias, que os saberes non son compartimentos estancos e que a divulgación rigorosa é moi importante hoxe: nunhas redes cheas de fake news é bo ter fontes fiables.
No noso catálogo xa está dispoñible para préstamo a edición impresa, e as edicións virtuais das cinco primeiras entregas podédelas atopar aquí.
Mil grazas, Fran e Santi. Botámosvos de menos e agardámosvos para cando queirades volver!
Deixamos testemuño gráfico do acto. Pica na imaxe para acceder ao album.
Ningún comentario:
Publicar un comentario