martes, 27 de febreiro de 2024

Gozando da música!

Aínda estamos emocionados do concerto de onte, co dúo Quintillán-Cid 

Unha gozada, unha marabilla e un auténtico luxo contar con dúas intérpretes deste calibre: Mª José Cid e Laura Quintillán

Gozamos dun programa polo que pasaron os grandes clásicos: Bach, Mozart, Clara Schumann, Tchaikovski, Stravinksy e outros  "clásicos modernos" como Morricone ou Piazzolla. Todo aderezado con explicacións sobre a vida dos músicos, as súas obras e a conexión entre a música e as emocións, porque, como dixo  Hans Christian Andersen, cando as palabras fallan, a música fala.

Unha experiencia fabulosa que o público disfrutou moitísimo e agardamos repetir. Millóns de grazas ás concertistas!

Deixámosvos estas fermosas fotos tomadas por Carlos Alonso.















E vídeo!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario