E para celebralo deixámosvos este traballo fermoso que xunta as dúas cousas. Titúlase "Árbores de dous continentes -De Galicia a Venezuela", e vén a ser un intercambio de culturas ilustrado.
O alumnado "local" sinte curiosidade pola cultura do chegado de alén dos mares, e estes queren coñecer detalles do terreo que lles acolle.
Así, cada quen escolleu unha árbore da súa lugar de orixe, sobre a que está a investigar, para realizar un debuxo botánico que amose detalles (tronco, follas, flores, froitos) e no que empreguen diversas técnicas, buscando referentes no variado materal da nosa biblio. Todos poderán aprender uns dos outros e enriquecerse en coñecementos e empatía.
Un plan sen fisuras!!!
Con todos vostedes, o taboleiro padlet do proxecto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario