O doutor Fernando Serrulla, antropólogo forense a quen xa coñeciamos pola Xornada de Memoria Histórica do curso pasado, presentou o seu libro sobre a exhumación dos restos da fosa común de Celanova. Por suposto, aquí o temos, nos nosos andeis da biblio, por se o queredes consultar. A xenerosidade do autor fai que tamén se poida consultar en virtual.
Precisamente, a partir das actividades do curso pasado nas que colaboramos co Comité de Memoria Histórica Terras de Celanova, poñemos en marcha este curso outro proxecto interdisciplinar nesta liña, no que pretendemos facer un centro de interpretación virtual da memoria histórica de Celanova.
Aquí podedes visitar o traballado ata agora, pero queda moito por vir e percorrer neste camiño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario