Francisco Estévez Lengua pasou polo noso instituto e deixou unha pegada inesquecible. Bo alumno e bo compañeiro, recordamos a toda a súa promoción con moito agarimo.
Na súa facultade de Matemáticas da USC segue a dinamizar o seu contorno como xa facía aquí, axudado por outros compañeiros, como Santiago González, que tamén foi alumno noso: iniciaron a andaina dunha nova revista estudiantil, Máis Mates, con artigos de alumnado e profesorado, e aberta a outras colaboracións, que busca "compartir coñecemento científico... conectar ideas... e recortar as nosas fronteiras". Fermosas intencións!
Sentimos unha enorme ledicia de coñecer as súas andanzas, e partillamos a nova con entusiasmo.
Tamén a prensa recolle a nova, con entrevista incluída. Preme na imaxe para acceder ao texto completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario