xoves, 9 de novembro de 2023

Hackers Sen Fronteiras: reflexións logo do curso piloto 22-23

As amigas de ESF (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia), cos que, como sabedes, comezamos a colaborar o curso pasado no proxecto Hackers Sen Fronteiras, envíannos dúas novas ben interesantes.

Por unha banda, un estudo sobre Tecnoloxía para o Ben Común no ensino secundario galego que desenvolveron a raíz das enquisas que recolleron nos centros participantes no programa piloto (ademáis de nós, o IES San Rosendo de Mondoñedo e o IES de Curtis). 

Entre as evidencias que arroxa á luz, está a de que a Tecnoloxía para o Ben Común, se ben é un tema que lles resulta interesante, está afastado da súa realidade. Ou a fenda de xénero, pola que as rapazas non perciben o eido tecnolóxico como propio. Ou que o alumnado non indentifica como tecnoloxía, por exemplo, o protocolo COVID do instituto. Ou que non considera que a tecnoloxía poida reducir a desigualdade social. 

Un exemplo:


Podes ler o documento completo aquí.

Por outra banda, e tendo en conta o material das materias de secundaria que se utilizan nos centros, realizaron unha análise de libros de texto con enfoque de tecnoloxía para o ben común.

As conclusións, entre outras: 

"Como conclusiones generales en los libros analizados, aunque se ha trabajado bastante el enfoque de género y étnico, no ha ocurrido lo mismo con personas con discapacidades (muy ausentes en general). A nivel ambiental, hay ciertas reflexiones, ejercicios e incluso imágenes que sí reflejan impactos del uso indiscriminado de aparatos y materiales, pero sin pararse a pensar en alternativas reales más allá de las más trilladas (que en realidad tampoco nos salvarán…). 

Por último, hay una alarmante falta de contenidos donde se cuestione la tecnología como algo más que instrumentos materiales sin conexión con quién los maneja, para qué y quién toma las decisiones de su manejo, por qué usar unos u otros y si se beneficia a una mayoría. La gobernanza de la tecnología es parte intrínseca del hecho tecnológico y, sin abordarlo, cualquier texto de tecnología quedará incompleto y contribuirá a perpetuar este modelo insostenible. No es posible la neutralidad en estos casos."

Preme na imaxe para acceder a todos os contidos, conclusións, guías de análise e procedementos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario