martes, 7 de novembro de 2023

Gozando da música de Estela Rodríguez e Purificación Iglesias

 Maxistral, formidable, espectacular, o recital do que gozamos onte na biblio. O alumnado de 3º ESO tivo a fantástica oportunidade de escoitar un programa variado e ameno e de comprobar en directo a mestría destas dúas instrumentistas, unha experta pianista profesional e unha alumna cun futuro moi prometedor, á que desexamos a mellor das sortes na súa carreira. Podedes consultar aquí os seus curriculums e o programa que interpretaron.

E aquí, información sobre o noso formidable piano.

Partillamos unhas imaxes e vídeos do evento.














Ningún comentario:

Publicar un comentario