Mestre e escritor de libros infantís e tamén tuiteiro, faleceu inesperadamente onte, 27 de novembro, o mesmo día que Gloria Fuertes e Almudena Grandes.
Foi tamén guionista televisivo e persoa moi activa en redes, "retitulador" de cadros, columnista e narrador cunha capacidade comunicativa formidable, como demostrou tamén nos seus podcasts.
Entre os seus títulos máis apreciados pola cativada están Feliz Feroz: o lobiño riquiño, Unha unicornia, Max Burbuja, ou Doña Problemas... Destacou por comprender á infancia moi ben, por iso os seus libros teñen tan boa acollida. Ata a vista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario