mércores, 11 de outubro de 2023

Próximos eventos: Cine Mudo na biblio!

A nosa biblio continúa recibindo visitas: de veciñanza do contorno, excursións escolares e mesmo turismo estranxeiro: hoxe, en francés!

Pero o motivo desta entrada é avisarvos dun evento no que cinema e música serán os protagonistas: proxectaremos unha película que cumpre 105 anos e sonorizarémola en directo co noso marabilloso piano.

De momento, para manter a expectación, non desvelaremos o seu título, pero si que é unha película para todos os públicos, moi simpática e agradable e nada longa. Animádevos a vir!



Ningún comentario:

Publicar un comentario