venres, 28 de abril de 2023

Inauguramos, nesta Semana do Libro, a nosa "Sección Bebé"


Para fomentar o hábito lector dende idades temperás… por que non ter na biblio unha “Sección Bebés”?

Feito! Dentro da sección “Peques” preparamos unha pequena escolmiña de libros para bebés que tamén serven para que as familias que veñen á biblio poidan telos entretidos mentres escollen as súas lecturas. 
A que é boa idea? Blandiños, con marionetas, con buratiños, sen letra, ou con moi pouquiña... E con moitos animaliños!

Que de onde os sacamos? Pois dos expurgos das nosas propias casas, que tamén hai que facelos. 
Feliz lectura a todas as idades!







Ningún comentario:

Publicar un comentario