luns, 4 de xullo de 2022

Presentación na Casa dos Poetas de "Cristal"

 E xa vai pola súa terceira presentación, pero non merece menos. O poemario ópera prima de Alexandre Corbillón con portada de Lorena Fernández presentouse na Casa dos Poetas, que sempre está aberta a colaborar, dinamizar e poñer en valor as manifestacións culturais. Grazas á Fundación Curros Enríquez por estar sempre aí. O acto foi fermoso e emotivo, e estivo cheo de mocidade: a cultura na nosa vila ten futuro!

Alexandre explicou os principais conceptos contidos no seu poemario cunha presentación visual, acompañada de obras para piano elixidas por el mesmo e interpretadas en directo pola profe de música, e Lorena explicou o proceso creativo da súa portada, que como sabedes é parte do noso proxecto Música no Mosteiro.

O dito: vivan as artes, viva a Casa dos Poetas e viva Celanova e as súas fantásticas institucións! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario