mércores, 4 de maio de 2022

Mariana Viaxa: Exposición no noso corredor da biblio

 Mariana Moreira Luque naceu en Sao Paulo e chegou a Celanova aos 17 anos. Graduouse en Turismo e traballa actualmente como ilustradora e creadora de contidos dixitais. Especializouse na ilustración arquitectónica, de moda e de retrato. Ten moita presencia en redes pero hoxe, ademais, parte da súa obra relativa ás rúas e edificios de Celanova está exposta no noso corredor, á porta da biblio.

A súa idea é ver a vila a través da mirada dun turista que observa e encántase con todo o que vai atopando, como se fora a primeira vez, sentíndose acollido polas paisaxes.

O dito, convidados quedades a ver a exposición e a seguir a Mariana nas redes. Deixámosvos aquí o seu contacto. 









Ningún comentario:

Publicar un comentario