mércores, 9 de marzo de 2022

Acto de recepción na Delegación do Goberno en A Coruña dos centros premiados no Certame Nacional de boas prácticas

 Onte unha representación do centro formada polo director e tres das compoñentes do equipo de biblioteca viaxou a Coruña para asistir ao acto de recoñecemento no que se puxo en valor a calidade do ensino galego. Os representantes dos centros galegos premiados nalgunha das categorías da última edición do certame de boas prácticas convocado polo Ministerio de Educación fomos recibidos na sede da Delegación do Goberno nun acto onde todo foron parabéns.

Deixamos un enlace da nova que o departamento de prensa da Delegación do Goberno subiu á súa web e unha imaxe das autoridades.




Ningún comentario:

Publicar un comentario