Na festividade de Santa Cecilia damos os parabéns aos profesionais da música pero tamén a todas as persoas que a practican, a gozan e a aman. Somos moitos nestas Terras de Celanova os que nos damos por felicitados, pois é ben sabido que esta terra é de artistas de todas as disciplinas.
Hoxe, navegando, atopamos esta web da Biblioteca Musical Víctor Espinós, que ten moi boa pinta e que nos encantaría visitar: xa temos outra idea de viaxe didáctico.
Tamén vos deixamos un enlace a algúns recursos musicais na rede que o Departamento de Música utiliza asiduamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario