Xa levamos varios días preparando todo: o mural, os recursos para a aula, as fotos... A piques de comezar o acto central de visibilización desta xornada, no que participará o alumnado do centro e outros representantes da comunidade educativa e do concello e que incluirá manifesto, recitado, escenografía e música, deixámosvos estas magníficas imaxes que estivemos preparando nas últimas semanas.
Moi pronto achegarémosvos toda a crónica do que hoxe vai acontecer. Polo momento, FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO SÓ CABE UNHA RESPOSTA. NON!!! ESTÁ NA TÚA MAN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario