martes, 19 de outubro de 2021

Esto no es el C.S.I

 Continuamos a celebración do Día das Escritoras presentándovos unha fantástica novela dunha autora moi achegada a nós, Begoña Gil.

Na súa ópera prima, engánchanos cunha historia trepidante que acontece nunha vila do rural galego, con personaxes arquetípicos que todos coñecemos e outros máis sorprendentes: xenial novela negra con toques de humor que xa aparecen no título: Esto no es el C.S.I. Conseguirá a intrépida inspectora Lila Madrigal resolver o crime?

Podedes ver algunhas recesións aquí, e proximamente estará na nosa biblioteca e nas librerías da vila. Estade atentos e atentas!!! Seguiremos informando!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario