xoves, 20 de maio de 2021

Visitas e encontros na nosa biblio

 Neste curso pandémico, unha das cousas que máis botamos de menos son as visitas. De escolares doutras vilas, de xente curiosa, de exestudiantes, de exprofes, de celanovenses que viven fóra...

Mais as veces aparecen sorpresas moi agradables... Hoxe partillamos con vos a historia de alguén que veu ao mosteiro a reencontrarse co seu pasado: o poeta Arsenio Manuel González.

E atopouse con nós e a nosa biblio. E agora, tempo despois, recibimos con ledicia o regalo de dous fermosos exemplares da súa obra poética: Celebración de lo ignoto e Celebración del transcurrir (Diario de un aprendiz), que ficharemos para poñer á vosa disposición. Sensible á nosa realidade escolar, e á importancia de que a mocidade perfeccione as súas habilidades lingüísticas, é tamén autor dun libro no que en once talleres achega actividades para o alumnado da ESO, Escuchar, hablar, leer y escribir.

Actualmente podedes seguir a súa actividade na web Laimperfecta.eu, onde podedes atopar reflexión, cultura, literatura... Picade aquí para escoitar os seus audios combinados coas fantásticas imaxes de Fidel Dueñas que eles chaman "Imperfecciones", ou aquí para ler os artigos adicados a "creadores que nos abrieron puertas". 

Moitísimas gracias! Agardamos que regreses a visitarnos!




Ningún comentario:

Publicar un comentario