venres, 16 de outubro de 2020

19 de outubro de 2020: Día das Escritoras

Como explicamos o ano pasado nesta entrada do noso blog, a instancias da Biblioteca Nacional e dende o ano 2016 celébrase o Día das Escritoras o luns máis cercano á festividade de Santa Teresa (15 de Outubro). 

E aquí no IES estamos a deesenvolver algunhas actividades conmemorativas que presentaremos en forma de textos gravados en canto os teñamos editados e preparadiños.

Hoxe deixamos AQUÍ a selección de textos que fixemos para tal fin, escolmando algunhas das propostas que aparecen na web da Biblioteca Nacional para a conmemoración deste día  , recollendo algunhas das da nosa propia selección "Con/En nome propio" do curso pasado, etc.

E non queremos deixar de festexar que o Premio Nacional de Poesía recaera en Olga Novo

Pica na imaxe para saber máis sobre ela. Parabéns!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario