xoves, 17 de setembro de 2020

Visita virtual á nosa biblioteca!

Como a visita turística á nosa biblio non vai poder ser nestes tempos pandémicos, deixámosvos este enlace e un código QR co que podedes contemplala con moita calidade. Atoparedes este cartel na porta, no que vos recordamos que o horario de apertura extraescolar é exclusivamente para préstamos e devolucións.

Xa virán mellores tempos para visitala de xeito presencial. Seguiremos informando!






Ningún comentario:

Publicar un comentario