mércores, 10 de xuño de 2020

Wanted III: Premios á Innovación Educativa Escola Viva: Infancia e Arte

Infancia e arte é un fermosísimo proxecto no que a nenez é protagonista. Como xa vimos achegando nos últimos días, e o terceiro dos proxectos que imos presentar aos Premios á Innovación Educativa Escola Viva, convocados por Fete UGT, e desta vez o proxecto percorre a representación da figura infantil ao longo da historia da arte, tendo unha segunda parte que se achega á nenez a través da obra de Manuel Rivas.

O dito, que non ten desperdicio. Picade na imaxe e vede o documento completo. É unha marabilla.


Tamén podedes visitar o Padlet con todos os materiais.

Hecho con Padlet

Ningún comentario:

Publicar un comentario