luns, 8 de xuño de 2020

Biblio para as titorías

Hoxe achegamos outro documento que podedes atopar tamén na sección "Os nosos plans", no taboleiro Padlet "Os papeis do Poleiro", na sección CDU e formación de usuarios. Xa sabedes que para nós é moi importante que coñezades o noso funcionamento, por iso de vez en cando partillamos estes documentos de funcionamento interno.

Consiste nun "modo de emprego" da biblio que o titor explicaría ao seu alumnado nunha sesión de titoría, sobre todo para os novos no centro, pero que non vén mal para que sexa revisado por todos cada ano. Inclúe, por exemplo. información de como buscar, uso dos ordenadores, horarios, préstamos...

Picade na imaxe para ver o documento completo.






Ningún comentario:

Publicar un comentario