venres, 29 de maio de 2020

Wanted I: Premios á Innovacion Educativa Escola Viva: "A tenda da esquina"

Como non vale parar, decidimos presentar algúns dos nosos proxectos aos Premios á Innovación Educativa Escola Viva, convocados por Fete UGT.

Nin un, nin dous, nin tres, CATRO proxectos presentamos!!! Pensamos que todos son fabulosos e non queriamos deixar ningún fora.

Cando preparamos o material para presentalos, revisamos o acadado, os logros e lagoas, e é unha boa maneira de mellorar no sucesivo. Así que non importa gañar (que, non vos imos enganar, nos encanta!) porque a participación en si mesma xa é positiva e ten valor de seu.

Aí vos deixamos o primeiro deles, "A TENDA DA ESQUINA". Pica na imaxe para ver a memoria presentada.


E tamén o padlet de materiais.


Hecho con Padlet

Ningún comentario:

Publicar un comentario