xoves, 30 de abril de 2020

Hoxe é o Día do Jazz!!!

Interrompemos momentaneamente as once entregas de Con nome propio e aproveitamos para deixarvos unhas fotos do noso Recuncho do Jazz, o noso Jazz Corner, que inauguramos este curso para expoñer os fondos jazzeiros e recibir unha visita moi especial: Ton Risco e Jacobo de Miguel presentaron o seu segundo CD como dúo na nosa biblio no xa lonxano mes de decembro do ano pasado.

Botamos moitísimo de menos a nosa biblio. E vós? Xa queda menos!





Ningún comentario:

Publicar un comentario