luns, 2 de marzo de 2020

Luisa Pérez na nosa biblio: referentes femininos na ciencia.

Foto procedente de: www.elidealgallego.com

Non vos di nada o nome? Pois aclarámolo: nacida en Cartelle nunha familia moi numerosa, é a día de hoxe unha das autoridades nacionais e internacionais en arritmoloxía (patoloxía cardíaca), exercendo a súa laboura no Hospital Juan Canalejo de A Coruña.

Nunha amena charla  (que ela titulou Memorias dunha nena labrega) explicounos como unha nena de Cartelle, de familia humilde, chega a cumplir a súa máxima vocación: axudar, curar... Todo a base de amor pola súa profesión, esforzo e sacrificio... un exemplo a seguir e un referente para o noso alumnado!!! E ademáis unha defensora acérrima da nosa cultura e do noso idioma.

Máis sobre ela:

    Coordinadora da Unidade de Arritmias do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. 

    Licenciada en Medicina e Cirurxía na Facultade de Medicina da Universidade Autónomade Barcelona en 1981.

    Especialista en Cardioloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1987. Especialista en Electrofisiología Cardíaca diagnóstica e Terapéutica pola Universidade Complutense de Madrid en 1996.

    Magíster en Electrofisiología Cardíaca diagnóstica e terapéutica obtido durante os cursos académicos 1997-98 e 1998-99”, pola Universidade Complutense de Madrid. Título de Acreditación en Formación Específica para a Práctica de cursos académicos 1997-98 e 1998-99”, pola Universidade Complutense de Madrid.

    Certification in Interventional Cardiac Pacing da ESC 2010.Certification in Invasive Electrophysiology da ESC 2011.


    Autora de máis dunha vintena de artigos en revistas nacionais e internacionais.

E o máis importante: unha persoa sinxela e humilde que acudiu ao noso centro desinteresadamente para partillar con nós un ratiño ben aproveitado. Mil grazas por visitarnos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario