Aquí vos deixamos este cuestionario para verificar a lectura e comprensión desta fantástica obra da nosa literatura: Os outros feirantes, de Cunqueiro.
As ilustracións son do alumnado de debuxo artístico de 4ºESO.
É ben divertido, así que se queredes pasar un bo rato, xa tendes a escusa perfecta para ler este xenial libro de relatos... E se xa o lerades, pois probade os vosos coñecementos sobre el!
xoves, 26 de marzo de 2020
martes, 24 de marzo de 2020
Traballos en curso... moi saborosos!
Porque unha imaxe alimenta máis que mil palabras, aí vos vai este xenial proxecto do alumnado de 1ºBACH de Debuxo Artístico: a medio camiño entre a publicidade e o humor, é posible que se Picasso entrase na cociña e se botara á propaganda acabase ocorrendo isto... Como o poderiamos titular? Alimentalízate? Publialimentalízate? ou algo tipo... Cociñando imaxes? Podes deixar a túa suxestión nos comentarios...
O feito é que é unha fantástica colaboración no proxecto Mens Sana in Corpore Sano, co que xa sabedes que acadamos o Sello Centro Saludable do Ministerio de Educación! Aí vos deixamos as obras de arte!

xoves, 19 de marzo de 2020
Novo recoñecemento para a nosa biblio!
Nunca é mal momento para as boas novas: o noso traballo mereceu un novo premio, desta vez de man do Consejo de Cooperación Bibliotecaria: gañamos o "Sello de Cooperación Bibliotecaria", na categoría de Bibliotecas de Educación Secundaria. O noso proxecto "El Hilo de Ariadna" foi valorado así de ben.
Como se explica na web, "El Consejo de Cooperación Bibliotecaria, órgano colegiado de composición interadministrativa que canaliza la cooperación bibliotecaria entre las administraciones públicas (Real Decreto 1573/2007 de 30 de noviembre, que establece el Reglamento del Consejo de Cooperación Bibliotecaria, CCB), acuerda impulsar dentro del III Plan Estratégico 2019-2023, que tiene como hilo conductor la Igualdad en Bibliotecas, esta iniciativa, con el fin de resaltar el valor de los proyectos de bibliotecas más destacados durante el año, de acuerdo con los Objetivos y Medidas del III Plan Estratégico del CCB, que se especificarán en cada convocatoria."
A convocatoria, ademais, non repartía varios selos senón un só por categoría, así que fomos o único centro do estado en ser premiados nesta convocatoria. Estamos especialmente satisfeitos porque o centro de primaria que o recibiu é tamén galego: o CEIP Plurilingüe Montemogos (Beluso). Parabéns, compañeiros!
Aquí vos deixamos o noso proxecto gañador. É fantástico, botádelle un ollo!

mércores, 18 de marzo de 2020
Na casa, prohibido aburrirse!
Quedamos na casa, pero ímolo levar o mellor posible tentando manternos activos e aproveitando para investigar en tantos recursos como a rede nos ofrece.
Hoxe traémosvos a Biblioteca Dixital Mundial, que pon á nosa disposición cantidade de curiosidades históricas:
Códices iluminados:
Hoxe traémosvos a Biblioteca Dixital Mundial, que pon á nosa disposición cantidade de curiosidades históricas:
Códices iluminados:
Ou mapas interactivos:
A investigar!
xoves, 12 de marzo de 2020
martes, 10 de marzo de 2020
luns, 9 de marzo de 2020
venres, 6 de marzo de 2020
As mulleres pintan moito.
Imaxe procedente de: https://www.museodelprado.es/actualidad/exposicion/historia-de-dos-pintoras-sofonisba-anguissola-y/5f6c56c8-e81a-bf38-5f3f-9a2c2f5c60eb
Para que esteades entretidos esta finde, aquí vos deixamos un quiz baseado nos materiais de campaña "Polas súas obras (gráficas) as coñeceredes". Próximamente teremos unha nova exposición, así que podedes ir entrenando. Picade no enlace se necesitades pistas... A ver que tal se vos dá!
xoves, 5 de marzo de 2020
Para que teñades en conta... El hilo de Ariadna.
A biblioteca escolar como ferramenta para a difusión e promoción do coñecemento da autoría feminina en tódolos campos.
luns, 2 de marzo de 2020
Luisa Pérez na nosa biblio: referentes femininos na ciencia.
Foto procedente de: www.elidealgallego.com
Nunha amena charla (que ela titulou Memorias dunha nena labrega) explicounos como unha nena de Cartelle, de familia humilde, chega a cumplir a súa máxima vocación: axudar, curar... Todo a base de amor pola súa profesión, esforzo e sacrificio... un exemplo a seguir e un referente para o noso alumnado!!! E ademáis unha defensora acérrima da nosa cultura e do noso idioma.
Máis sobre ela:
Coordinadora da Unidade de Arritmias do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.
Licenciada en Medicina e Cirurxía na Facultade de Medicina da Universidade Autónomade Barcelona en 1981.
Especialista en Cardioloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1987. Especialista en Electrofisiología Cardíaca diagnóstica e Terapéutica pola Universidade Complutense de Madrid en 1996.
Magíster en Electrofisiología Cardíaca diagnóstica e terapéutica obtido durante os cursos académicos 1997-98 e 1998-99”, pola Universidade Complutense de Madrid. Título de Acreditación en Formación Específica para a Práctica de cursos académicos 1997-98 e 1998-99”, pola Universidade Complutense de Madrid.
Certification in Interventional Cardiac Pacing da ESC 2010.Certification in Invasive Electrophysiology da ESC 2011.
Autora de máis dunha vintena de artigos en revistas
nacionais e internacionais.
E o máis importante: unha persoa sinxela e humilde que acudiu ao noso centro desinteresadamente para partillar con nós un ratiño ben aproveitado. Mil grazas por visitarnos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)