xoves, 9 de xaneiro de 2020

Feliz 2020!!!

Estreamos a nosa bitácora neste 2020 coas derradeiras lembranzas do 19: o concerto de Jazz que Jacobo de Miguel e Ton Risco ofreceron na nosa biblio e coa espectacular actuación das Tanxugueiras. Tivemos, pois, uns invitados de auténtica categoría, e é que neste espazo estamos preparadas para albergar eventos nos que a cultura sexa protagonista en calquera das súas manifestacións.

Non queremos deixar de recordarvos que 2020 é, efectivamente, o 100 aniversario da Xeración Nós, e estaremos preparados tamén, como non, para conmemoralo como merece. E tamén continuaremos dando voz ás sen voz na nosa campaña "Voces de Muller".

Aí vos quedan as fotos dos concertos, como sabedes, tomadas polo noso compañeiro Carlos Alonso Abad; seguiremos informando!



As mans de Jacobo de Miguel no piano


Ton Risco no vibráfono


As Tanxugueiras en acción





Ningún comentario:

Publicar un comentario