martes, 3 de decembro de 2019

Cirurxía reconstrutiva de tebeos no noso hospital de libros.

Unha chea de tebeos dos anos 70 (Pulgarcito, Mortadelo, Din Don, Tiovivo, Lily, Zipi e Zape, e outros) chegaron ás nosas mans cedidos xenerosamente por Mariví Iglesias Castelo, previa promesa de que os iamos tratar moi ben. Pois tras a reconstrución artesanal, cosido, encadernado e outras operacións, repousan arroupadiños con tapas de cartón libre de ácido para que se conserven como o primeiro día entre as nosas paredes. Mesmo atopamos propietarios anteriores que firmaran os exemplares (xa sabedes, o troco naqueles tempos era frecuente) e que estamos pendentes de localizar... Xa terán noticias nosas. Dixamos unhas fotos do proceso.











Ningún comentario:

Publicar un comentario