xoves, 16 de maio de 2019

Día das letras '19: Antonio Fraguas

E por fin chega a festa das nosas letras. Este ano, como sempre, forramos os nosos paneis do corredor con material para divulgar vida e obra do homenaxeado, Antonio Fraguas, e, conectando o seu traballo etnográfico coa nosa campaña en curso, Voces de Muller, realizamos a escolma de refráns nos que a muller é protagonista, e que dan idea da súa imaxe na cultura tradicional.  É labor de todos coidar o patrimonio, material e inmaterial, e poñelo en valor!





Ademáis do material que a Xunta pon a disposición dos centros, atopamos tamén este enlace do Goberno de Aragón... con cousas ben chulas para descargar! Está ben que nos coñezan alén do Padornelo. Por suposto, o Museo do Pobo Galego tamén pon á nosa disposición esta estupenda unidade didáctica para ampliar información.


Imaxe procedente de https://www.observatoriodalingua.gal/sites/w_obslin/files/inbody/dlg_afraguas.png


Por último, recordarvos que o IES Celanova está a participar durante este curso no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, unha das modalidades do Plan Proxecta, e o EDLG leva xa o seu traballo sobre patrimonio ben adiantado... e xa plasmadiño neste fantástico blog onde partillan tódolos seus avances: https://pacaf.weebly.com/. Non deixedes de visitalo!






Ningún comentario:

Publicar un comentario