mércores, 13 de marzo de 2019

Exposición nas mesas da biblio I: Mulleres nos contos

Comezamos hoxe a partillarvos o estupendo material que elaboramos para expoñer nas nosas mesas da biblio.

Para os que non sodes da casa, que saibades que as nosas mesas de madeira con cristal por riba do taboleiro son un espazo expositivo ideal para difundir os nosos achados nos eidos correspondentes ás diferentes campañas que van xurdindo.

Desta vez, atoparedes escolmas de mulleres célebres en diversos ámbitos (literatura, ciencia, política, artes escénicas, ou mesmo personaxes que nunca existiron), pero hoxe comezamos co material da mesa 1: Mulleres nos contos, no que veremos os estereotipos asignados ao longo da historia a uns e ás outras... Da para moita reflexión!

Non deixedes de visitalo in situ, que é unha exposición ben bonita!




Ningún comentario:

Publicar un comentario