xoves, 31 de xaneiro de 2019

Bicentenario do Museo do Prado

Neste ano tan significativo para o Museo do Prado, dende a institución queren contar coa voz do público, plantexando unha pregunta: Existe a cartela ideal? Que información buscamos habitualmente nelas? Que nos gustaría ler que nos abrira novos camiños cara o entendemento da arte?

Co proxecto "Cartela abierta" preténdese modificar o contido das cartelas de cinco obras senlleiras:

  • Los fusilamientos, de Goya
  • Juana la Loca, de Pradilla
  • Retrato de la reina Ana de Austria, de Sofonisba Anguissola
  • El Descendimiento, de Van der Weyden
  • Autorretrato, de Durero

Atoparás toda a información do proxecto e como participar no concurso na web do Museo, neste enlace.


Ningún comentario:

Publicar un comentario