Esta semana estamos de celebración: o día 9 deste mes o Faro de Vigo anunciaba o recoñecemento que recibimos da Consellería de Educación pola nosa participación nos premios Proxecta de Innovación Educativa 2018, aos que nos presentamos na modalidade Meteoescolas.
Os que sodes da casa sabedes que levamos xa varios anos dentro deste programa, en concreto dende 2012, que comezou sendo un proxecto de tres departamentos (Ciencias Naturais, Xeografía e Historia e Matemáticas) e agora aglutina colaboracións de case tódolos departamentos. Son tantas as actividades que se levan feito que é complicado resumilas todas. O xerme do asunto é a nosa estación meteorolóxica da que obtemos datos que procesamos para despois comparalos cos datos obtidos nas estacións de Meteogalicia, tanto na nosa zona como en outras de Galicia, para así valorar os cambios no clima e coñecer as diferentes zonas climáticas. Inspirados nesta temática outros departamentos uníronse ao proxecto, cada un abordando o clima dende a súa perspectiva. Podedes ver todo este gran traballo no blog do proxecto, escarabana.blogspot.com
Deixámosvos o enlace da prensa, e estade atentos porque nos próximos días outros medios farán eco dos nosos proxectos e premios.
Pantallazo da noticia. Para máis información, picar na foto ou no enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario