mércores, 26 de setembro de 2018

"Mujeres en Vanguardia", a exposición.

Que sorte tivemos este curso! Comezamos sendo un dos espazos privilexiados en albergar esta interesante exposición sobre a "Residencia de Señoritas", que era  " ... el grupo femenino de la Residencia de Estudiantes..." y "... el primer centro oficial creado en España para fomentar la educación superior de la mujer ".

En realidade estamos acollendo un resumo en paneis de "Mujeres en Vanguardia": unha grande exposición que, con motivo dos 100 anos da fundación da Residencia, tivo lugar en Valladolid e Madrid nos anos 2015 e 16 . Dela xurdiu esta escolma itinerante, que viaxará proximamente a Badalona, Cartagena, Segovia, etc.

Na súa web podemos atopar tamén material didáctico, cronoloxía, documentos audiovisuais e por suposto información polo miúdo de toda a exposición e os actos que a ilustraron.

Así de ben quedan os paneis no corredor do IES:












Vinde a coñecer esta interesante institución!

Como na web da exposición queda de manifesto, o obxectivo da exposición é  "celebrar el centenario del grupo femenino de la Residencia rindiendo homenaje al que fue el primer centro oficial creado en España para fomentar la educación superior de la mujer y, a través de esta exposición, mostrar el paso de gigante hacia la igualdad de los derechos de las mujeres que supuso aquel proyecto de renovación de la sociedad española inspirado por la Institución Libre de Enseñanza (ILE)."

Non vos podemos dicir máis, pero durante este curso falaremos moito do tema...

Ningún comentario:

Publicar un comentario