mércores, 4 de xullo de 2018

Roteiro Lorquiano

O alumnado de 1ºBacharelato gozou dunha semana cultural por terras andaluzas: Granada e Córdoba. Ademáis de contemplar as marabillosas obras de arte que nos ofrece a cultura andalusí, houbo oportunidade de realizar o roteiro lorquiano visitando Valderrubio, Fuentevaqueros, Granada e o Barranco Viznar.

Tivemos a oportunidade de recitar os 6 Poemas Galegos de Lorca no patio da Casa-Museo de Valderrubio. Aquí vos deixamos vídeo e fotos para compartir a nosa experiencia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario