venres, 6 de abril de 2018

Primavera con novidades

Xa metidos de cheo na terceira avaliación, non queremos deixar de lembrarvos que hai moitas novidades esperando por vós na biblio, que aparecen actualizadas sempre no noso taboleiro pinterest da columna dereita deste noso blog. Últimos números de revistas, unha estupenda colección de biografías para primeiros lectores, unha nova edición do Quijote ou o ultimísimo dalgúns dos nosos autores celanovenses: Baldo Ramos, Cartas dende o esquenzo, e Xoán Carlos Domínguez Alberte, Soneto no alfabeto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario